Repetindo a actividade que vemos
desenvolvendo nos últimos anos, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria
recibiron na biblioteca do noso centro a visita de 4 mulleres
profesionais da sanidade que nos contaron
en que consiste o seu traballo. Lourdes , Luisa , Mª Carmen e Cristina
contestaron todas as dúbidas que plantexaron os nosos alumnos/as máis
pequenos/as sobre o seu labor profesional.
Pola tarde, a nutricionista Luisa deu unha charla sobre nutrición saudable aos alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario