domingo, 5 de novembro de 2017
sábado, 4 de novembro de 2017
luns, 24 de abril de 2017
RECICLAMOS GLOBOS
OS NENOS E NENAS DE 5º CURSO FACEMOS PELOTAS PARA MALABARES CON GLOBOS E ARROZ. SINXELO E DIVERTIDÍSIMO
domingo, 26 de marzo de 2017
PLANTACIÓN DUN AMENEIRO NO DÍA DA ÁRBORE
PARA CELEBRAR O DÍA DA ÁRBORE TODO O ALUMNADO PARTICIPOU NA PLANTACIÓN DUN AMENEIRO QUE NOS TROUXERON O ALCALDE E VARIAS PERSOAS DA DEPUTACIÓN DE LUGO.
FIXEMOS UN RECITADO DE POEMAS E ESCOLLEMOS O NOME DO NOSO AMENEIRO QUE SE CHAMA GANDARIÑO. FOI UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA.
xoves, 16 de marzo de 2017
ILLAS DE FROITA. ALUMN@DO 5º ED. INFANTIL
Tiveron a fabulosa colaboración das mestras Carmen, Paz e Patri.
COCIÑANDO ESPETO DE FROTIAS NA AULA DE 4º EDUCACIÓN INFANTIL
COCIÑANDO ESPETO DE FROTIAS NA AULA DE 4º EDUCACIÓN INFANTIL
Os nenos e nenas de 4º de Infantil que tamén se disfrazaron de chefs no Entroido do cole e fixeron uns apetitosos espetos de froita seguindo a serie fresa-plátano-fresa-plátano....
Velaí os tendes moi atarefados e axudados polas mestras María José e Paz.
ANIMÁDEVOS!
Delicioso, saudable e nun "pis-pas"!!!!
NOVA MISIÓN SAUDABLE NA AULA DE 5º B
Con motivo do 15 de marzo "DIA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR", a mestra Gloria propuxo ó seu grupo unha tarefa de reflexión.
Na aula de 5º B, en pequenos grupos e
axudándose dos folletos de propaganda de diversos supermercados terán
unha nova misión asignada:
ELABORAR UN ALMORZO E MERENDA SAUDABLES CONTANDO CON UNICAMENTE CINCO EUROS DE PRESUPOSTO.
A mestra Gloria sinaloulles uns aspectos a ter en conta:
-Temos que saber canto temos que comprar, medio ou cuarto de kg.
-De canto diñeiro dispomos e canto nos sobrará.
Finalmente, exporán os seus traballos e
farán comparativas observando quen gastou máis e quen menos, e cal foi o
grupo que optou por produtos máis saudables e sans.
Aprenderán a ser reflexivos e ter un
pensamento crítico acerca do grao de consumismo esaxerado que existe na
actualidade, a elexir produtos ó máis saudables posible para crecer
sans, a ver que comer ben e saudable non ten porque ser caro, a manexar o
diñeiro e a aforrar...entre outros moitos aspectos derivados do propio
traballo colaborativo en sí.
MANS Á FAENA RAPACES E RAPAZAS!!
HOMENAXE ÁS MULLERES TRABALLADORAS DA SANIDADE
Repetindo a actividade que vemos
desenvolvendo nos últimos anos, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria
recibiron na biblioteca do noso centro a visita de 4 mulleres
profesionais da sanidade que nos contaron
en que consiste o seu traballo. Lourdes , Luisa , Mª Carmen e Cristina
contestaron todas as dúbidas que plantexaron os nosos alumnos/as máis
pequenos/as sobre o seu labor profesional.
Pola tarde, a nutricionista Luisa deu unha charla sobre nutrición saudable aos alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria.
sábado, 4 de marzo de 2017
ANTROIDO PARA A SAÚDE
ESTE ANTROIDO DEDICÁMOLO Á SAÚDE E TODOS OS NOSOS DISFRACES, OS COMPADRES E AS COMADRES RELACIONÁBANSE COA VIDA SAUDABLE PERO SEN ESQUECER A DIVERSIÓN. TODO FEITO POR NÓS E CON MATERIAIS DE REFUGALLO.
xoves, 2 de marzo de 2017
PODANDO AS NOSAS ÁRBORES
O ALUMNADO DE 5º CURSO E AS SÚAS PROFESORAS PODARON AS ÁRBORES DO NOSO HORTO COA NOSA AMIGA ELENA, NAI DE UN ALUMNO E UNHA ALUMNA DO COLEXIO. ELENA ENSINOUNOS COMO HABÍA QUE FACER ESTE LABOR E APRENDEMOS MOITOS. GRAZAS ELENA.
domingo, 26 de febreiro de 2017
martes, 14 de febreiro de 2017
FROITA DIVERTIDA
OS NENOS E NENAS DE SEGUNDO CURSO CREAMOS IMAXINATIVOS DESEÑOS DE PLATOS RICOS E SAUDABLES CON FROITAS E ADEMAIS PASÁMOLO MOI BEN.
xoves, 2 de febreiro de 2017
DIABETE: ANÁLISE DOS AZÚCARES DOS ALIMENTOS. ALUMNADO 5º B
DIABETE: ANÁLISE DOS AZÚCARES DOS ALIMENTOS. ALUMNADO 5º B
Desta volta, comezaron pola DIABETE.
Están a analizar os azúcares que conteñen os alimentos que consumimos, ollando a composición nos envases dos mesmos.
É moi importante SABER MÁIS SOBRE O QUE COMEMOS E A SÚA REPERCUSIÓN NA NOSA SAÚDE
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)