NOVA MISIÓN SAUDABLE NA AULA DE 5º B
Con motivo do 15 de marzo "DIA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR", a mestra Gloria propuxo ó seu grupo unha tarefa de reflexión.
Na aula de 5º B, en pequenos grupos e
axudándose dos folletos de propaganda de diversos supermercados terán
unha nova misión asignada:
ELABORAR UN ALMORZO E MERENDA SAUDABLES CONTANDO CON UNICAMENTE CINCO EUROS DE PRESUPOSTO.
A mestra Gloria sinaloulles uns aspectos a ter en conta:
-Temos que saber canto temos que comprar, medio ou cuarto de kg.
-De canto diñeiro dispomos e canto nos sobrará.
Finalmente, exporán os seus traballos e
farán comparativas observando quen gastou máis e quen menos, e cal foi o
grupo que optou por produtos máis saudables e sans.
Aprenderán a ser reflexivos e ter un
pensamento crítico acerca do grao de consumismo esaxerado que existe na
actualidade, a elexir produtos ó máis saudables posible para crecer
sans, a ver que comer ben e saudable non ten porque ser caro, a manexar o
diñeiro e a aforrar...entre outros moitos aspectos derivados do propio
traballo colaborativo en sí.
MANS Á FAENA RAPACES E RAPAZAS!!