venres, 6 de novembro de 2015
luns, 26 de outubro de 2015
OLLOS TERRORÍFICOS FEITOS CON CARTÓNS PARA OS OVOS
PARA DAR MOITO, MOITO MEDO, OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO CURSO FIXEMOS UNS OLLOS TERRORÍFICOS QUE FITAN DENDE CALQUERA PAREDE DO COLEXIO. FOI SINXELO E DIVERTIDO.
MONSTROS FEITOS CON ROLOS DE PAPEL
PARA PASAR UN SAMAÍN VERDADERAMENTE TERRORÍFICO, EN CASE TODOS OS CURSOS FIXEMOS MONSTROS CON ROLOS DE PAPEL REUTILIZANDO OS RESIDUOS.
SAMAÍN DE RECICLADO. CABAZA CON TAPÓNS
Algúns alumnos e alumnas de 4º e 5º cursos fixeron unha cabaza con tapóns laranxas nos recreos e divertíronse moito.
xoves, 22 de outubro de 2015
EQUIPO DE CLASIFICACIÓN DE TAPÓNS
Para poder facer traballos con tapóns precisamos un grupo de voluntarios e voluntarias que se encargan de clasificalos durante o recreo. Fan grupos por tamaños e formas e tamén por cores para que o resto dos nenos e nenas do centro poidan utilizalos nos seus traballos. Grazas a estos volunarios e voluntarias de cuarto e quinto curso por pasar o seu tempo de recreo facendo esta tarefa con moita ilusión.
VIDA SAUDABLE
Vivir de xeito saudable é o fin fundamental de todas as actividades deste proxecto, por iso hai que seguir a regra das 3R e tamén alimentare ben, saber relaxarse e estar en armonía co medio ambiente. Para iso practicamos mindfulness. Son exercicios de relaxación durante uns minutos diariamente pola mañá. Están baseados no control respiratorio para mellorar o benestar e a concentración ao longo de todo o día.
SEMENTAMOS HERBAS AROMÁTICAS
A familia dunha alumna de Primeiro curso trouxo unhas herbas aromáticas para sementar. Sementámolas e estamos a ver como medran. Xa iremos amosando a a súa evolución. Foi moi divertido.
luns, 19 de outubro de 2015
sábado, 17 de outubro de 2015
Empezamos un novo curso para coidar o medio ambiente reducindo, reciclando e reutilizando residuos de xeito divertido.
Un saúdo a tod@s.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)