jueves, 16 de marzo de 2017

HOMENAXE ÁS MULLERES TRABALLADORAS DA SANIDADE

Repetindo a actividade que vemos desenvolvendo nos últimos anos, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria recibiron na biblioteca do noso centro a visita de 4 mulleres profesionais da sanidade que nos contaron en que consiste o seu traballo. Lourdes , Luisa , Mª Carmen e Cristina contestaron todas as dúbidas que plantexaron os nosos alumnos/as máis pequenos/as sobre o seu  labor profesional.
 



Pola tarde, a nutricionista Luisa deu unha charla sobre nutrición saudable aos alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario